Sterna
xénero de aves / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sterna é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que para moitos autores é o tipo da familia dos estérnidos. (Véxase máis abaixo "Nota taxonómica").
Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Sterna Carráns Rango fósil: Mioceno - Actualidade (4,9 - 0 millós de anos)[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carrán carrán,[2][3] ou carrán común.[4] Sterna hirundo | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Sterna hirundo Linnaeus, 1758.[5] | |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Pechar
Hai anos adoitaba incluír especies de xéneros hoxe diferentes, pero estudos de secuenciación de ADN mitocondrial determinaron recentemente que esta agrupación era parafilética, polo que se separaron dela as especies dos xéneros Gelochelidon, Hydroprogne, Thalasseus, Sternula e Onychoprion.[6]
Comprende 13 especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,[7] e noutros idiomas con nomes equivalentes a andoriñas do mar, aves de tamaño mediano que se encontran nas rexións costeiras de case en todo o mundo.