![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Karl_XII_1706.jpg/640px-Karl_XII_1706.jpg&w=640&q=50)
Carlos XII de Suecia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos XII, nado en Estocolmo o 17 de xuño de 1682 e finado en Fredrikshald (Noruega) o 30 de novembro de 1718, chamado Carolus Rex e o Alexandre do Norte, foi un Rei de Suecia (1697-1718), Duque de Bremen e Príncipe de Verden (1697-1718) e conde do Palatinado-Zweibrücken (1697-1718) como Carlos II. Fillo de Carlos XI de Suecia e Ulrica Leonor de Dinamarca. Está considerado o último rei guerreiro de Suecia, e probablemente fose un dos mellores tácticos de guerra da historia.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (sv) Karl XII ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xuño de 1682 ![]() The Royal Court Parish, Suecia (en) ![]() ![]() |
Morte | 11 de decembro de 1718 ![]() Halden ![]() |
Causa da morte | morte en combate, morto en combate ![]() |
Lugar de sepultura | Q28379916 ![]() ![]() |
Rei de Suecia | |
5 de abril de 1697 (Xuliano) – 29 de novembro de 1718 (Xuliano) ← Carlos XI de Suecia – Ulrica Leonor de Suecia → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia ![]() |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Educación | Universidade de Uppsala ![]() |
Altura | 176 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | líder militar , monarca ![]() |
Profesores | Andreas Nordenhielm (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua sueca ![]() |
Outro![]() | |
Título | Conde palatino (pt) ![]() ![]() |
Familia | Casa de Palatinado-Zweibrücken (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Carlos XI de Suecia ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Ulrica Leonor de Suecia e Hedvig Sofia da Suécia (pt) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
14 de decembro de 1697 | coroación (Catedral de São Nicolau de Estocolmo (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Participou durante case todo o seu reinado na Gran Guerra do Norte, combatendo as forzas unidas de Dinamarca, Saxonia, Polonia e o Imperio Ruso. A súa vitoria máis coñecida foi a batalla de Narva, en 1700, cando venceu un exército ruso varias veces maior.
Historicamente, foi desculpado da derrota da batalla de Poltava por atoparse ferido nun pé, e non atoparse en condicións de dirixir as súas tropas en persoa. Sobre a súa vida privada sábese moi pouco, só que era unha persoa reservada. A súa vida política reflectiuse, a grandes liñas, nas súas campañas e nas súas decisións durante a Gran Guerra do Norte.