Carlos Viéitez Fernández
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Viéitez Fernández, nado en Xil (Meaño),[1] é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Xil, España |
Alcalde de Meaño | |
2019 – ← Lourdes Ucha Varela | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Foi xuíz de paz de Meaño e técnico da Mancomunidade do Salnés. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG en Meaño[1] e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, pese a perde-la formación a maioría absoluta, tras negarse os concelleiros do PSdeG a apoiar ó candidato independente José Manuel Aspérez.[2]
En outubro de 2019 foi expulsado do PPdeG tras facilitarlle aos socialistas un representante na Mancomunidade do Salnés que supuxo facilita-la perda do control deste órgano por parte dos populares en favor dos socialistas.[3] Un ano despois, a dirección nacional do partido confirmou a expulsión por "manifesta deslealdade" co partido e por "desobediencia"[4]. Tódolos concelleiros do seu grupo, xunto con numerosos militantes populares, acompañárono e en setembro de 2021 fundou o partido Veciños de Meaño[5]. Nas municipais de 2023 encabezou dita formación e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.