From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Andrés Alvarado Quesada, nado en San Xosé o 14 de xaneiro de 1980, é un escritor, xornalista, politicólogo e político costarriqueño.[1] Ocupou o cargo de presidente da República de Costa Rica entre 2018 e 2022, polo Partido Acción Ciudadana.[2]
(2018) | |
Nome orixinal | (es) Carlos Andrés Alvarado Quesada |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de xaneiro de 1980 (44 anos) San Xosé, Costa Rica |
Presidente de Costa Rica | |
8 de maio de 2018 – 8 de maio de 2022 ← Luis Guillermo Solís Rivera (pt) – Rodrigo Chaves Robles → | |
Ministro de Traballo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Costa Rica |
Educación | Universidade de Sussex Universidade de Costa Rica |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Empregador | Universidade de Costa Rica |
Partido político | Citizens' Action Party (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Participou en | |
26 de abril de 2021 | NYU DC Dialogues (en) |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 |
Familia | |
Cónxuxe | Claudia Dobles Camargo |
Premios
|
Alvarado é bacharel en comunicación, mestrado en ciencias políticas pola Universidade de Costa Rica e mestrado en estudos do desenvolvemento pola Universidade de Sussex.[3]
Naceu o 14 de xaneiro de 1980 en San Xosé, no seo dunha familia de clase media composta polos seus pais Alejandro Alvarado Induni (enxeñeiro) e Adelia Quesada Alvarado; e polos seus irmáns Federico e Irene.[4][5] Cursa a primaria na Escola Anglo-Americana e a secundaria no Colexio Saint Francis; posteriormente ingresa na Universidade de Costa Rica onde se gradúa como bacharel en Ciencias da Comunicación Colectiva, logo obtén unha mestría en ciencias políticas, e en 2008 incorpórase á Universidade de Sussex (Inglaterra) onde obtén unha mestría en estudos para o desenvolvemento.[3] Contrae matrimonio en 2010 con Claudia Dobles Camargo, con quen tivo unha filla nada en 2013. Actualmente habita en Santa Ana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.