From Wikipedia, the free encyclopedia
Carles Soldevila, nado en Barcelona en 1892 e finado en 1967, foi un escritor catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1892 Barcelona, España |
Morte | 10 de xaneiro de 1967 (74 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama, dramaturxia, poesía, xornalismo e Prosa |
Ocupación | xornalista, dramaturgo, dramaturgo, escritor, poeta, prosista |
Familia | |
Fillos | Carlota Soldevila |
Irmáns | Ferran Soldevila Zubiburu |
Premios | |
| |
Naceu no seo dunha familia burguesa, estudou dereito e en 1908 comezou a colaborar co xornal El Poble Català, foi director da revista D'Ací i d'Allà entre 1924 e 1936 e da Biblioteca Univers (1928-1936). Estivo exiliado entre 1937 e 1940.
Comeza a súa carreira literaria cun poemario, Lletanies profundes (1913), pero Soldevila vai ser fundamentalmente un narrador, aínda que tamén escribiu obras de teatro como Civilitzats, tanmateix (1921), Els milions de l'oncle (1927) e Bola de neu (1928).
A máis importante da súa obra narrativa fórmana dúas triloxías, Fanny (1929), Eva (1931) e Valentina (1933) forman a primeira, a segunda co nome de Els anys tèrbols fórmana Moment musical (1936), Bob és a París (1952) e Papers de família (1960)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.