Un canteiro é aquela persoa que extrae a pedra, e labra e constrúe con ela. En tempos tamén traballaban como arquitectos e escultores.
Características
Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas polos prexuízos sociais, sendo ás veces recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas. Posuían ademais un cantar característico, o Cantar de Canteiro, que entoaban mentres traballaban acompañados das súas ferramentas.[1]
Na literatura popular quedan abondosas mostras da sona dos canteiros:
- Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.
- En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?
- Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.
- Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra [2]
- Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña [3]
Os dous refráns seguintes foron recollidos por Bouza Brey[4] aplicados ós afamados canteiros de Bora e da parroquia estremeira de Xeve. Explica que os canteiros desta localidade teñen especial sona de aduaneiros.
- De Bora, un, e de Xeve, ningún.
- Un de Xeve e outro de Bora botan ao mestre fóra da obra.
Galería de imaxes
- Algunhas ferramentas do canteiro
- Canteiros nun capitel moderno na "Aldea en pedra" (Armenteira, Meis, Pontevedra
- Estatua ao Canteiro en Verducido (Pontevedra)
- Canteiro en Berres, A Estrada.
- Escultura de Suso Balado no Porriño.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.