actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
María del Pilar Peña Sánchez, nada en Gavà (provincia de Barcelona) o 14 de xullo de 1973, é unha actriz catalá, máis coñecida polo seu nome artístico de Candela Peña.
Filla única, creceu no bar que os seus pais rexentaban. Ós catro anos de idade daba clases de ballet no Instituto da Danza de Barcelona: Escolleu o nome artístico de Candela por un fragmento de La Casa de Bernarda Alba onde dicían "¿encendieron la candela?", cando os seus compañeiros de instituto lle dixeron que Pilar Peña non tiña moito gancho para unha actriz e empezaron a chamala así. Ós 17 anos acabou COU e marchou ó Centro Andaluz de Teatro en Sevilla; máis tarde marchou vivir a Madrid. Motivada por Pedro Almodóvar, escribiu en 2001 a novela Pérez Príncipe, María Dolores.
Nomeada ó Premio Goya varias veces, obtívoo en 2003 por Te doy mis ojos e en 2005 por Princesas, o seu grande éxito.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.