Campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2022
From Wikipedia, the free encyclopedia
O campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2022 celebrouse en Finlandia entre os días 13 e 29 de maio de 2022. As cidades que acolleron o torneo foron Tampere e Helsinqui. Participaron os mesmos 16 equipos que na edición precedente ao non terse producido ascensos e descensos logo da cancelación das divisións inferiores en 2021, e coa excepción dos equipos de Belarús e Rusia, que foron expulsados do torneo a causa da invasión rusa de Ucraína en febreiro de 2022, que foron substituídos polos combinados de Austria e Francia. A selección de Canadá defendeu o título conquistado en 2021.
A seleccón de Finlandia proclamouse campioa do mundo por cuarta vez na historia logo de derrotar na prórroga (4-3) ao Canadá na final disputada no Nokia Arena de Tampere, co que conseguiu o seu primeiro título na casa e converteuse no primeiro equipo en facelo dende 2013, así como o segundo equipo logo de Suecia en gañar no mesmo ano o ouro olímpico e o mundial.[1] Pola súa banda, a República Checa conseguiu a medalla de bronce logo de vencer aos Estados Unidos na final de consolación (8-4). Pola súa banda, as seleccións de Italia e o Reino Unido finalizaron na derradeira posición dos seus respectivos grupos e descenderon á Primeira División do Campionato do Mundo da IIHF.
O xogador máis valioso da competición foi o porteiro finlandés Juho Olkinuora, mentres que o máximo puntuador foi o checo Roman Červenka (17). Doutra banda, o xogador finlandés Valtteri Filppula converteuse no primeiro xogador do seu país en unirse ao Club do Triplo Ouro.[lower-alpha 1][1]