From Wikipedia, the free encyclopedia
O 78º campionato do mundo de hóckey sobre xeo celebrouse na capital de Belarús, a cidade de Minsk entre o 9 e o 25 de maio de 2014. A selección de Rusia que permaneceu invatida durante todo o campionato fíxose coa medalla de ouro ao derrotar na final a Finlanida por 5-2[1]. Suecia logrou o bronce logo de vencer a Chequia por 3-0.
O 8 de maio de 2009 a candidatura bielorrusa logrou a maioría dos votos para acoller os mundiais de hóckey sobre xeo de 2014, con 75 votos impúxose a Hungría (24 votos), Letonia (3) e Ucraína (3)[2]. Os recintos principais para disputaren os partidos son o Minsk Arena (capacidade para 15.000 espectadores) e o Chizhovka Arena (capacidade para 8.000), os dous de nova creación, o primeiro inaugurado en 2010 e o segundo completado en 2012.
A selección de Belarús como organizadora causou controversia, realizándose unha campaña internacional para impedilo[3], mesmo o 11 de abril o senador estadounidense Dick Durbin e o congresista Michael Quigley pedíronlle á Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo a levar os campionatos a outro lugar alegando o carácter autoritario do goberno de Aliaksandr Lukašenka e a violación dos dereitos humanos nese país que viría referendado polas sancións impostas ao presidente e 157 dos seus asociados pola Unión Europea e os Estados Unidos. A petición contou co apoio do antigo xogador eslovaco e europarlamentario Peter Stastny[4]. Non obstante, a FIHX aduciu que os seus estatutos non permiten a discriminación por contextos políticas e voceiros das federacións lituana e letoa argüíron que non desexaban mesturar a política co deporte[5].
Participanron equipos de Europa, América do norte e Asia. Cada selección nacional debeu acudir como mínimo con 15 xogadores de movemento, entre atacantes e defensores e dous porteiros e como máximo con 22 xogadores de movemento e tres porteiros.
13 de Europa | Belarús |
Dinamarca |
Finlandia |
Francia |
Alemaña |
Italia |
Letonia |
Noruega | |
Chequia |
Rusia |
Eslovaquia |
Suecia | |
Suíza |
||||
2 de América do norte | Canadá |
Estados Unidos |
||
1 de Asia | Casaquistán |
Os equipos dividíronse en dous grupos para xogaren unha rolda preliminar, ao seu remate os catro primeiros equipos de cada grupo xogaron os cuartos de final, mentres o último clasificado retrocedeu á División IA.
Posición | Partidos xogados | Gañados | Gañados na prórroga | Perdidos na prórroga | Perdidos | Goles a favor | Goles en contra | Diferenza | Puntos | |
1. | Canadá | 7 | 5 | 1 | 1 | 0 | 28 | 13 | +15 | 18 |
2. | Suecia | 7 | 5 | 1 | 1 | 0 | 21 | 10 | +11 | 18 |
3. | República Checa | 7 | 2 | 2 | 2 | 1 | 20 | 18 | 2 | 12 |
4. | Francia | 7 | 2 | 2 | 1 | 2 | 25 | 20 | +5 | 11 |
5. | Eslovaquia | 7 | 3 | 0 | 1 | 3 | 20 | 21 | -1 | 10 |
6. | Noruega | 7 | 2 | 0 | 1 | 4 | 16 | 19 | -3 | 7 |
7. | Dinamarca | 7 | 1 | 1 | 0 | 5 | 8 | 14 | -6 | 5 |
8. | Italia | 7 | 1 | 0 | 0 | 6 | 6 | 25 | -19 | 3 |
Posición | Partidos xogados | Gañados | Gañados na prórroga | Perdidos na prórroga | Perdidos | Goles a favor | Goles en contra | Diferenza | Puntos | |
1. | Rusia | 7 | 7 | 0 | 0 | 0 | 31 | 7 | +24 | 21 |
2. | Estados Unidos | 7 | 4 | 1 | 0 | 2 | 27 | 23 | +4 | 14 |
3. | Belarús | 7 | 4 | 0 | 0 | 3 | 18 | 17 | +1 | 12 |
4. | Finlandia | 7 | 3 | 1 | 0 | 3 | 18 | 15 | +3 | 11 |
5. | Suíza | 7 | 2 | 0 | 0 | 2 | 9 | 12 | -3 | 10 |
6. | Letonia | 7 | 3 | 0 | 0 | 4 | 20 | 24 | -4 | 9 |
7. | Alemaña | 7 | 1 | 1 | 0 | 5 | 13 | 23 | -10 | 5 |
8. | Casaquistán | 7 | 0 | 0 | 2 | 5 | 16 | 32 | -16 | 2 |
Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
22 de maio | ||||||||||
Canadá | 2 | |||||||||
24 de maio | ||||||||||
Finlandia | 3 | |||||||||
Finlandia | 3 | |||||||||
22 de maio | ||||||||||
República Checa | 0 | |||||||||
Estados Unidos | 3 | |||||||||
25 de maio | ||||||||||
República Checa | 4 | |||||||||
Finlandia | 2 | |||||||||
22 de maio | ||||||||||
Rusia | 5 | |||||||||
Rusia | 3 | |||||||||
24 de maio | ||||||||||
Francia | 0 | |||||||||
Rusia | 3 | |||||||||
22 de maio | ||||||||||
Suecia | 1 | |||||||||
Suecia | 3 | |||||||||
Belarús | 2 | |||||||||
Xogador | PX | G | A | Pts | +/− | PIM | POS |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Rusia Viktor Tikhonov | 10 | 8 | 8 | 16 | +10 | 10 | A |
Rusia Danis Zaripov | 10 | 3 | 10 | 13 | +7 | 6 | A |
Rusia Sergei Plotnikov | 10 | 6 | 6 | 12 | +7 | 12 | A |
Finlandia Jori Lehterä | 10 | 3 | 9 | 12 | +4 | 10 | A |
Francia Antoine Roussel | 8 | 6 | 5 | 11 | +6 | 16 | A |
Suecia Joakim Lindström | 10 | 5 | 6 | 11 | +4 | 4 | A |
Eslovaquia Michel Miklík | 7 | 4 | 7 | 11 | +5 | 0 | A |
Rusia Alexander Ovechkin | 9 | 4 | 7 | 11 | +6 | 8 | A |
Estados Unidos Seth Jones | 8 | 2 | 9 | 11 | +8 | 6 | D |
Estados Unidos Johnny Gaudreau | 8 | 2 | 8 | 10 | +4 | 2 | A |
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/− = Plus/Minus; PIM = Penaltis en minturos; POS = Posición
Fonte: IIHF.com
Os mellores cinco porteiros, baseándose na porcentaxe de tiros parados, e que xogaran cando menos o 40% dos minutos do seu equipo.
TX = Tempo xogado (minutos:segundos); TP = Tiros á súa porta; GE = Goles encaixados; MGE = Media de goles encaixados; P% = Porcentaxe de paradas; SO = PRI = Partidos sen recibir goles
Fonte: IIHF.com
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.