![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d5/Rally_Terra_da_Auga_2019_-_SCER_15.jpg/640px-Rally_Terra_da_Auga_2019_-_SCER_15.jpg&w=640&q=50)
Campionato de España de Rallys de Terra
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato de España de Rallys de Terra, tamén coñecido como CERT, é un campionato de rally que se celebra anualmente a nivel nacional desde 1983 en España, organizado pola Real Federación Española de Automobilismo. Dispútase por tramos exclusivamente de terra. O concurso naceu da man do RACE que tamén organizaba case todas as probas incluídas no calendario. É habitual que se celebren dúas carreiras en cada proba.
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | rally ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1983 – ![]() |
Cada tempada dispútanse o campionato de pilotos, o campionato de marcas, o de copilotos, así como diferentes copas e trofeos promocionais e segundo as diferentes categorías de coches admitidos. A regulación deste evento caracterízase por ser aberta, o que permitiu a participación de vehículos prototipos e categorías que perderon a homologación, no caso do grupo B, que non poden participar noutros campionatos. Nalgunhas edicións o CERT compartiu datas co Campionato de España de Rallys Todo Terreo.
No certame teñen triunfado pilotos como Antonio Zanini, Juan Carlos Oñoro, Guillermo Barreras, Txus Jaio, Pedro Diego, Amador Vidal, Xavi Pons ou Alex Villanueva e en moitas ocasións atraeu a pilotos estranxeiros como os uruguaios Gustavo Trelles e Gabriel Méndez ou o mexicano Benito Guerra. Os vehículos de tracción ás catro rodas son os dominadores da disciplina, principalmente das marcas Mitsubishi e Lancia.