From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato de España de Rallys foi a máxima competición nacional de rally sobre asfalto dende 1956 ata 2020. Estaba organizado pola Real Federación Española de Automobilismo.
Tipo | serie de competición de automobilismo |
---|---|
Deporte | rally |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1956 – |
Na edición de 2020 do Campionato de España dispútanse 8 rallys, 2 deles en terras galegas:
Aínda que xa existían probas de rally anteriormente España, como o Rally Costa Brava e o Rally Nacional do RACE, que levaban celebrándose ambas desde 1953, o Campionato de España non naceu ata 1956. Ese ano a Real Federación Española de Automobilismo creou as bases do que inicialmente chamou "Campionato de España de condutores de rallys" e que combinaba probas tanto de rally como de circuíto e montaña.
O gañador da primeira edición foi Javier Sanglas cun Alfa Romeo Giulietta Veloce co que venceu en probas como o Rally Ibérico.[1][2] Na segunda edición o campionato estaba limitado a condutores españois con licenza de condutor expedida polo Real Automóbil Club de España. O calendario estaba composto por seis probas: 2º Trofeo de Montaña (21 de abril), 5º Rally RACE (30 de maio - 2 de xuño), Volta a Cataluña (28-30 de xuño), Rally dos Pireneos (28 de setembro - 1 de outubro), 2º Rally Ibérico (17-20 de outubro) e circuíto descoñecido (3 de novembro). O certame tivo carácter anual e para proclamarse campión de España era obrigatorio participar no Rally RACE e no Rally Ibérico. O gañador foi Fernando Roqué cun Alfa Romeo Sprint Veloce. O campión de 1958 foi o militar Jaime Milans del Bosch a bordo dun SEAT 1400 B.
Víctor Sagi foi o gañador en 1960 cun Porsche 356, mentres que os BMW 700 de Juan Fernández e Mariano Lorente venceron nas dúas seguintes edicións. Os seguintes anos estiveron dominados pola familia Juncosa, proclamándose campión primeiro Jaime, e logo os seus fillos Jaime Jr. e Manuel, sumando catro títulos entre os tres. Tamén nesa época fixo a súa aparición o francés Bernard Tramont, que gañou o certame en dúas ocasións na modalidade GT cun Renault Alpine A110.
En 1971 configurouse como Campionato de España de Condutores de Rally e constou só de probas de rally. O calendario incluía 20 rallys: Rally Fallas, Rally Costa Brava, Rally Vasco-Navarro, Critérium Guillerías, Critérium Luis de Baviera, Ruta do Salmón-Cidade de Xixón, 500 km Nocturnos Bujías Bosch, Critérium da Rioxa, Rally de Ourense, Rally do Cid, Rally Rías Baixas, Rally Bosch, Rally Cidade de Oviedo, Rally do Sherry, Rally de España, Rally Firestone, Rally Barcelona-Andorra, Rally 2000 Viraxes e Rally Costa do Sol, que deron como vencedor a Lucas Sainz, copilotado por Juan Carlos Oñoro e a bordo dun Alpine 1490, con algunha incursión nun Renault R8 TS. Disputouse ao mesmo tempo o campionato de España feminino de rallys, certame que se organizou durante oito anos. Ata 1972 só se disputou el campionato de pilotos, introducíndose en 1973 o certame de marcas, sendo SEAT o primeiro vencedor. Durante os seguintes cinco anos o piloto catalán Antonio Zanini proclamouse campión sempre con modelos da casa SEAT. A partir de 1975 a Federación, para animar aos pilotos a participar en competicións internacionais, decidiu facer puntuables probas do estranxeiro, como o 24 Horas de Ypress, o Rally de Polonia, o Rally de Portugal ou o Rally de San Martino di Castrozza. En 1980 comezouse a premiar tamén a categoría de vehículos do Grupo N.
O calendario sufriu moitos cambios na década de 1980, aumentando e reducindo o número de probas (28 en 1982, 10 en 1988). En 1983 creouse o Campionato de España de Rallys de Terra e o Campionato Internacional de Rally, co propósito de motivar aos pilotos a competir fóra de España. De 1984 a 1992 disputouse tamén a Copa de España de Rally, paralela ao Campionato de España.
Durante esta década Antonio Zanini elevou a súa cifra de títulos ata oito, gañando o último deles en 1984 cun Ferrari 308 GTB. Salvador Serviá gañou os dous seguintes campionatos cun Lancia Rally 037, mentres que Carlos Sainz cun Ford Sierra RS Cosworth foi o vencedor en 1987 e 1988, no segundo deles tendo como copiloto ao coruñés Luís Moya co que gañaría logo dous Campionatos do Mundo. O BMW M3 de Pep Bassas foi o vencedor en 1989.
Entre 1990 e 2002, o cántabro Chus Puras igualou o récord de Antonio Zanini, logrando el título en oito ocasións e con dúas marcas diferentes: Lancia e Citroën, gañando con esta última en seis ocasións, dúas co Citroën ZX, tres co Citroën Xsara Kit Car e unha co Xsara WRC. Tan só en cinco ocasións outros pilotos puideron gañar o campionato entre 1990 e 2002, algúns aproveitando a non participación de Chus Puras: Ponce (1991), Bardolet (1993), Oriol Gómez (1994), Climent (1996) e Monzón (2001).
A partir de 2003 comezaron a triunfar os vehículos da categoría Super 1600, logrando o campionato Miguel Ángel Fuster (2003), Alberto Hevia (2004), Dani Sordo (2005) e Dani Solá (2006) con estes automóbiles, para logo deixar paso a outra categoría, a Super 2000, que só cedeu un título fronte ao Porsche 997 dos irmáns lucenses Sergio e Diego Vallejo.
Na década de 2010 Miguel ángel Fuster gañou catro títulos máis, elevando a súa conta ata 6, mentres que os irmáns Vallejo conquistaron o seu segundo campionato en 2014. O aragonés Cristian García e o piloto de Cambre Iván Ares coroáronse en 2016 e 2017 respectivamente, mentres que o madrileño Pepe López gañou cun Citroën C3 R5 as dúas derradeiras edicións do campionato, en 2019 e 2020.
En 2021 a RFEDA realizou modificacións nos campionatos, convertendo ao Súper Campionato de España no principal certame, combinando probas de aslfalto con probas de terra. Deste xeito desapareceron os antigos campionatos de asfalto e terra, e creándose no seu lugar a Copa de España de Rallys de Asfalto e a Copa de España de Rallys de Terra como certames de segundo nivel.[3][4]
Ano | Campión | Copiloto | Coche |
---|---|---|---|
1956 | Javier Sanglas | Pilar Lleo | Alfa Romeo Giulietta Veloce |
1957 | Fernando Roqué | Alfonso Marimón | Alfa Romeo Sprint Veloce |
1958 | Jaime Milans del Bosch | Forest | SEAT 1400 B |
1959 | Luciano Eliakin | "Pascal" | Saab 93 |
1960 | Víctor Sagi | Antonio Agramunt | Porsche 356 1600 GT |
1961 | Juan Fernández | Ramón Grifoll | BMW 700 CS |
1962 | Mariano Lorente | Jesús Sáez | BMW 700 SC |
1963 | Jaime Juncosa | Jaime Juncosa Jr. Manuel Juncosa |
SEAT 600 Abarth Fiat Abarth 850 |
1964 | Jaime Juncosa Jr. | Varios copilotos | Abarth 1000 TC |
1965 | Jaime Juncosa Jr. | Artemio Eche | |
1966 | Juan Fernández | Vidal-Ribas | Porsche 911 (GT) |
Jaime Samsó | Varios copilotos | Mini Cooper S (Turismos) | |
1967 | Bernard Tramont | Ricardo Muñoz | Renault Alpine (GT) |
Manuel Juncosa | Artemio Eche | Fiat 850 TC (Turismos) | |
1968 | Bernard Tramont | Ricardo Muñoz | Renault Alpine (GT) |
Alberto Ruiz Giménez | Varios copilotos | Renault 8 Gordini (Turismos) | |
1969 | José María Palomo | Jorge Adell | Porsche 911 R |
1970 | Ruiz Giménez | Rafael Castañeda | Porsche 911 |
1971 | Lucas Sainz | Juan Carlos Oñoro | Renault Alpine |
1972 | Salvador Cañellas | Daniel Ferrater | SEAT 124 |
1973 | Jorge Babler | Ricardo Antolín | SEAT 124 |
1974 | Antonio Zanini | Eduardo Martínez | SEAT 124/1800 |
1975 | Antonio Zanini | Víctor Sabater | SEAT 124/1800 |
1976 | Antonio Zanini | Víctor Sabater | SEAT 124/1800 |
1977 | Antonio Zanini | Juan José Petisco | SEAT 124/1800 |
1978 | Antonio Zanini | Juan José Petisco | SEAT 131 Abarth |
1979 | Jorge de Bagration | Nuria Llopis | Lancia Stratos HF |
1980 | Antonio Zanini | Víctor Sabater | Porsche 911 SC |
1981 | Jorge de Bagration | Víctor Sabater | Lancia Stratos HF |
1982 | Antonio Zanini | Víctor Sabater | Talbot Lotus Sumbean |
1983 | Genito Ortíz | Ramón Mínguez Susi Cabal |
Renault 5 Turbo |
1984 | Antonio Zanini | Josep Autet | Ferrari 308 GTB |
1985 | Salvador Serviá | Víctor Sabater | Lancia Rally 037 |
1986 | Salvador Serviá | Víctor Sabater | Lancia Rally 037 |
1987 | Carlos Sainz | Antonio Boto | Ford Sierra RS Cosworth |
1988 | Carlos Sainz | Luis Moya | Ford Sierra RS Cosworth |
1989 | Pep Bassas | Antonio Rodríguez | BMW M3 |
1990 | Chus Puras | José Arrarte | Lancia Delta Integrale 16V |
1991 | José María Ponce | José Carlos Déniz | BMW M3 |
1992 | Chus Puras | José Arrarte | Lancia Delta HF Integrale |
1993 | Mia Bardolet | Joaquim Muntada | Opel Astra GSI |
1994 | Oriol Gómez | Marc Martí | Renault Clio Williams |
1995 | Chus Puras | Àlex Romaní | Citroën ZX 16V |
1996 | Luís Climent | José Antonio Muñoz | Citroën ZX 16V |
1997 | Chus Puras | Carlos del Barrio | Citroën ZX Kit Car |
1998 | Chus Puras | Carlos del Barrio | Citroën Xsara Kit Car |
1999 | Chus Puras | Marc Martí | Citroën Xsara Kit Car |
2000 | Chus Puras | Marc Martí | Citroën Xsara Kit Car |
2001 | Luís Monzón | José Carlos Déniz | Peugeot 206 WRC |
2002 | Chus Puras | Carlos del Barrio | Citroën Xsara T4 |
2003 | Miguel Ángel Fuster | José Vicente Medina | Citroën Saxo Kit Car |
2004 | Alberto Hevia | Alberto Iglesias | Renault Clio S1600 |
2005 | Dani Sordo | Marc Martí | Citroën C2 S1600 |
2006 | Dani Solá | Xavier Amigo | Citroën C2 S1600 |
2007 | Miguel Ángel Fuster | José Vicente Medina | Fiat Grande Punto S2000 |
2008 | Enrique García Ojeda | Jordi Barrabés | Peugeot 207 S2000 |
2009 | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Porsche 997 GT3 |
2010 | Alberto Hevia | Alberto Iglesias | Škoda Fabia S2000 |
2011 | Miguel Ángel Fuster | Ignacio Aviñó | Porsche 997 GT3 |
2012 | Miguel Ángel Fuster | Ignacio Aviñó | Porsche 997 GT3 |
2013 | Luis Monzón | José Carlos Déniz | Mini Cooper WRC |
2014 | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Porsche 997 GT3 |
2015 | Miguel Ángel Fuster | Ignacio Aviñó | Porsche 997 GT3 |
2016 | Cristian García | Rebeca Liso | Mitsubishi Lancer Evo X |
2017 | Iván Ares | José Antonio Pintor | Hyundai i20 R5 |
2018 | Miguel Ángel Fuster | Ignacio Aviñó | Ford Fiesta R5 |
2019 | Pepe López | Borja Rozada | Citroën C3 R5 |
2020 | Pepe López | Borja Rozada | Citroën C3 R5 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.