![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Emblem_of_Italian_Blackshirts.svg/langgl-640px-Emblem_of_Italian_Blackshirts.svg.png&w=640&q=50)
Camisas negras
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Milicia Voluntaria para a Seguridade Nacional, popularmente coñecidos coma Camisas negras (en italiano: Camicie nere) debido á cor do seu uniforme, foi un corpo paramilitar da Italia fascista. Os seus membros tamén foron coñecidos como escuadristas (en italiano: squadristi). Probablemente inspirados polos camisas vermellas de Garibaldi, a súa actividade enmárcase dende o período de entreguerras ata o final da segunda guerra mundial. O termo aplicouse a distintos grupos que imitaron o uniforme, como os blackshirts da Unión Británica de Fascistas e os SS do partido nazi alemán.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Emblem_of_Italian_Blackshirts.svg/640px-Emblem_of_Italian_Blackshirts.svg.png)