![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Bolivia_Yunga_Road.jpg/640px-Bolivia_Yunga_Road.jpg&w=640&q=50)
Camiño a Los Yungas
estrada de Bolivia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Antigo camiño ós Yungas, tamén coñecido como Camiño da Morte, é unha estrada ciclista de case 80 km de extensión, que une a cidade de A Paz e a rexión dos Yungas, ó nordés do departamento, antes da construción do tramo Cotapata-Santa Bárbara esta sección da vía foi parte da Ruta 3 da rede viaria fundamental de Bolivia. No presente, o seu uso está reservado ó ciclismo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Bolivia_Yunga_Road.jpg/640px-Bolivia_Yunga_Road.jpg)
Ten moita sona polo seu perigo extremo e o número de mortes en accidentes de tránsito cada ano, (unha media de 209 accidentes e 96 persoas mortas ó ano).[1] En 1995 o Banco Interamericano de Desenvolvemento bautizouno como o camiño máis perigoso do mundo, e as características da ruta convertérona nun destino turístico moi frecuente.[2]