Camerún nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Camerún participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán. O país retirouse dos Xogos de 1976 após tres días de competición, para unir o boicot africano en resposta da participación de Nova Zelandia, quen aínda mantiña relacións deportivas coa Suráfrica do apartheid. O Camerún tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno nunha ocasión, en 2002, cun só representante, Isaac Menyoli.
Datos rápidos
Camerún nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | CMR | ||||
Comité nacional | Comité Nacional Olímpico e Deportivo do Camerún www | ||||
Medalleiro |
|
Pechar
Os deportistas cameruneses gañaron un total de seis medallas, incluíndo a medalla de ouro en fútbol nos Xogos de 2000.
O Comité Nacional Olímpico e Deportivo do Camerún foi creado e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1963.