parroquia civil do concelllo de Camariñas From Wikipedia, the free encyclopedia
O Espírito Santo de Camelle[1] é unha parroquia do concello de Camariñas. Segundo o IGE en 2018 tiña 1106 habitantes (521 homes e 585 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1613 habitantes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Camelle | |
---|---|
Panorámica de Camelle. | |
Concello | Camariñas[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°11′07″N 9°05′25″O |
Poboación | 1106 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada na beira do océano Atlántico, en plena Costa da Morte. Camelle está construído dentro dunha enseada, en mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera o Divino Espírito Santo, posúe a campá do City of Agra, naufragado en Arou.[Cómpre referencia]
Ten seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Riba, Lazo, Lobeiras e A Lagoa.
Por esta parroquia pasa a 5ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Hai un petróglifo no monte de Can Ladrón.[Cómpre referencia]
Durante as invasións normandas dos viquingos, os habitantes de Camelle refuxiáronse no agocho do Alto da Gurita. Segundo a tradición oral, agocháronse entre as árbores pintados con barro e prepararon unha emboscada ós viquingos na zona da Señora, preto da vila, con vitoria local.[Cómpre referencia].
A finais da idade media creouse un dos primeiros peiraos galegos adicados á pesca da balea, xunto cos de Malpica e Caión. Foi fundado por baleeiros vascos, e destacaron na pesca os capitáns García de Olaso e Sarrondo, naturais de Zarautz (Guipúscoa) e Clemente del Campo, de Luanco (Asturias). No monte de Can Ladrón construíuse un posto de vixilancia, posiblemente do século XVI.[Cómpre referencia]
Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.
Lugares da parroquia de Camelle no concello de Camariñas (A Coruña) | |
---|---|
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Camariñas | |
---|---|
Camariñas (San Xurxo) | Camelle (O Espírito Santo) | A Ponte do Porto (San Pedro) | Xaviña (Santa María) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.