![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Calocybe_gambosa_080420wa.jpg/640px-Calocybe_gambosa_080420wa.jpg&w=640&q=50)
Cogomelo de San Xurxo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Calocybe gambosa —sin. Tricholoma georgii L. 1753—, comunmente coñecido como cogomelo de San Xurxo é un fungo basidiomiceto da familia Lyophyllaceae.[1] É un cogomelo comestible, moi apreciado nas rexións do País Vasco, Navarra e A Rioxa, onde aflora en marzo e se lle chama perretxiko ou seta de primavera. En Italia coñécese como prugnolo, onde é tamén un cogomelo moi popular.[2]
Calocybe gambosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calocybe gambosa' (Fr.) Donk 1962 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Medra en grupos formando sendas ou "perretxikales". Presenta un sombreiro carnoso de 4 a 15 cm de diámetro de cor branca ou crema e superficie lisa e mate. A marxe está moi enrolada de nova, abríndose máis tarde. As láminas son apertadas, estreitas e escotadas, de cor branca. O pé é robusto e da cor das láminas. A carne é compacta cun certo aroma fariñento. A esporada é branca.