![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/N00151485_Calypso_crop.jpg/640px-N00151485_Calypso_crop.jpg&w=640&q=50)
Calipso (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Calipso (ou en grego Καλυψώ) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta en 1980, a partir de observacións terrestres, por Dan Pascu, P. Kenneth Seidelmann, William A. Baum, e Douglas G. Currie, e recibiu a designación provisional de S/1980 S 25.[4] Nos meses posteriores quedarían rexistradas varias aparicións máis, coas súas designacións temporais incluídas: S/1980 S 29, S/1980 S 30,[5] S/1980 S 32,[6] e S/1981 S 2.[7] En 1983 recibiría oficialmente o nome de Calipso, procedente da mitoloxía grega[8]. Tamén é coñecido coma Saturno XIV ou Tetis C.
![]() | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Pascu, Seidelmann, Baum e Currie |
Descuberta no | 13 de marzo de 1980 |
Designación alternativa | Saturno XIV Tetis C |
Características orbitais | |
Eixo semi-maior | 294.619 km |
Excentricidade | 0 |
Período orbital | 1,887802 días[1] |
Inclinación | 1,56° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 30 × 23 × 14 km[2] |
Radio medio | 10,7 ± 1,0 km[2] |
Período de rotación | sincrónica |
Albedo | 1,34 ± 0,10 (xeométrico)[3] |
Oblicuidade | cero |
Calipso é unha lúa co-orbital de Tetis, e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann e o seu equipo en 1981.[9] A lúa Telesto reside no outro punto de Langrage (no de vangarda) de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos asteroides Troianos, hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, Polideuco e Helena, que son troianas de Dione.
Coma outros satélites pequenos de Saturno, Calipso é de forma irregular, cuberta de cráteres e semella que perdeu parte do material da súa superficie, xa que moitos cráteres amosan un revelo moi suave. A súa superficie é unha das de maior poder de refracción (en lonxitudes de onde visible) dentro do Sistema Solar, cun albedo xeométrico de 1,34.[3] Este alto albedo é o resultado do pulido de chorro de area feito polas partículas do anel E, un anel feble, composto principalmente de particulas de xeo de auga xeradas polos geysers do polo sur de Encelado .[10]