Caldes d'Estrac
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
Caldes d'Estrac, coñecido popularmente co diminutivo Caldetes, é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na costa, entre os municipios de Sant Vicenç de Montalt e Arenys de Mar, e a uns 11 km de Mataró, capital da comarca, e a 40 km de Barcelona.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Caldas de Estrach (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.223 (2023) (3.581,11 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 16 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,9 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 33 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Albert Batlle Salvañà (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08393 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08032 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080327 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | caldetes.cat | ||||
Os seus inicios remóntanse ao século XIII, levantado ao redor dun antigo hospital e dunha igrexa. A situación dunha fonte de augas termais deu o nome ao municipio.
Desde 1870 ata 1920, Caldetes, viviu unha primeira idade de ouro, ao ser centro de veraneo da burguesía catalá. Importantes poetas e escritores cataláns como Apel·les Mestres, Joan Maragall, Jacint Verdaguer ou Josep Palau i Fabre, viviron no municipio. Aínda que se considera que o diminutivo de Caldetes (aplicado especialmente ao barrio marítimo ou vila nova) naceu no século XVIII, o nome xa foi utilizado o ano 1600, na Xeografía de Cataluña de Pere Gil. Durante a Guerra civil española Caldetes foi considerada cidade aberta por ter varias embaixadas dentro do municipio, o que significaba que non podía ser bombardeada.
Conta cunha poboación de 3223 habitantes (INE 2023).
Gráfica de evolución demográfica de Caldes d'Estrac[1] entre 1842 e 2021 |
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1751 | 1808 | 1937 | 1973 | 2028 | 2137 | 2310 | 2448 | 2508 | 2607 | 2672 | 2735 | 2799 | 2783 | 2776 | 2773 | 2760 | 2738 | 2717 | 2766 | 2823 | 2859 |
A economía do pobo, baséase nas augas termais e o turismo de verán.
A estrada N-II comunica o termo co resto de municipios da costa, e unha estrada local úneo con Sant Vicenç de Montalt. Ten unha estación de ferrocarril de proximidades.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.