![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/%25C5%2581a%25C5%2584cuch_kotwiczny.jpg/640px-%25C5%2581a%25C5%2584cuch_kotwiczny.jpg&w=640&q=50)
Cadea da áncora
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cadea da áncora dun barco é de ferro forxado con elos reforzados transversalmente cunha unión denominada contrete.
As cadeas consisten nunha sucesión de elos comúns unidos cada 25 m (unhas 15 brazas) cun elo especial desarmábel de vinculación. Cada treito de 27,5 m denomínase grillón, sendo este a unidade náutica de medida da cadea. Cando se di que se fondearon 4 grillóns quérese dicir que hai aproximadamente uns 100 m de cadea na auga.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/%C5%81a%C5%84cuch_kotwiczny.jpg/640px-%C5%81a%C5%84cuch_kotwiczny.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Dry_dock_in_Singapore.jpg/640px-Dry_dock_in_Singapore.jpg)
Cada grillón de unión píntase dunha cor rechamante e, a continuación, con pintura clara márcase un elo a cada lado, para o primeiro treito a partir da áncora; dous, para o segundo treito; tres, para o terceiro, e así sucesivamente, co fin de facilitar a conta da lonxitude de cadea fondeada durante a manobra. A lonxitude da cadea dun mercante é, por termo medio, de 10 grillóns (250 m) cada unha (babor e estribor).
A título ilustrativo, un elo común ten unha lonxitude de 6 veces o diámetro e unha anchura de 3,5 veces.
A cadea fondeada adquire a forma curva de catenaria, co treito próximo á áncora apoiado no fondo, logrando que a forza transmitida á áncora sexa perfectamente horizontal con efecto de máximo agarre ó fondo.
Todas as cadeas de áncora teñen no extremo un grillón xiratorio para evitar que a mesma dea voltas cos reiterados borneos[1] do buque sobre o punto de fondeo.
Todos os elementos das cadeas de áncoras son certificados polas sociedades de clasificación.
É práctica habitual chicotear as cadeas (inverter os extremos) cada 4 anos a fin de garantir un desgaste parello, é dicir, que o extremo da caixa de cadeas pase á áncora e viceversa.