tipo de carrozaría de automóbil From Wikipedia, the free encyclopedia
Un cabriolé[1] (tamén chamado convertible[2][3] ou spider para os modelos italianos) é un tipo de carrozaría de automóbil sen teito ou cuxo teito pode ou ben quitarse ou ben pregarse e gardarse no maleteiro. Este teito, denominado capota, pode ser de vinilo, tea, plástico ou de metal; popularmente chámase cabrio e en ocasións denomínase erroneamente cupé debido á mercadotecnia que levaron a cabo os fabricantes de automóbiles cando comezaron a xuntar as denominacións cupé-cabriolet para referirse aos convertibeis conformados con teito metálico. Practicamente todos os convertibeis teñen dúas portas laterais, debido a que as aperturas máis grandes causarían problemas estruturais no chasis.
Ao principio do século XX o cabriolé foi o deseño por omisión. Non foi senón ata 1910 que Cadillac introduciu o primeiro automóbil de deseño pechado. Unha combinación de motores débiles e a percepción de que un automóbil así deseñado asemellábase a un vagón, derivou en que os automóbiles de teito metálico non tivesen moita demanda nese tempo. Ata mediados dos anos vinte, os convertibeis foron os vehículos máis vendidos, xa que a súa construción, por entón máis sinxela que os "sedán" de carrozaría pechada, permitían unha maior facilidade técnica na súa construción e un prezo máis axustado aos "petos" da época. Máis tarde, os convertibeis fabricáronse con menos frecuencia, posiblemente debido a unha combinación de factores, entre eles, unha esixencia do goberno dos Estados Unidos, a mediados dos anos 70, para incrementar a seguridade en caso de envorco, o que fixo dubidar aos fabricantes sobre a súa venda ante tales restricións. Nesa década, o modelo xa case desaparecera e, en 1976, o Cadillac Eldorado foi publicitado como "O último cabriolé de Estados Unidos". Durante este período de baixa produción de convertibeis, o modelo T-top converteuse nunha alternativa popular aos convertibeis, especialmente nos chamados muscle car. Noutras partes do mundo, Europa, en particular, a produción de convertibeis foi continua, con varios modelos destacados.
Non foi ata a década de 1980 que regresaron os convertibeis ao mercado estadounidense, alcanzando a súa reconsolidación no gusto da xente co Mazda MX-5, na década de 1990. Aínda en 2007, a maior parte dos fabricantes de automóbiles ofrecen modelos convertibeis. Outro caso de cabriolé é o Ford Galaxie, fabricado en 1966 e un dos seus exemplares, foi obsequiado ao Goberno de Chile, pola Raíña Isabel II de Inglaterra durante unha visita oficial a Chile.
Un automóbil deportivo bipraza con carrozaría cabriolé adóitase denominar Roadster. Son xeralmente moi lixeiros e de tracción traseira. O termo provén do inglés, e utilizábase para describir aos antigos deportivos convertibeis, que dispoñían de dúas prazas e un asento pregable para outras dúas persoas aloxado no maleteiro. Nalgúns modelos antigos non existía capota algunha, senón que o automóbil sempre quedaba ao aire libre e non había portelos laterais. O Jaguar XK ten as características do típico roadster inglés. Coa crise do petróleo da década de 1970, os deportivos diminuíron as súas vendas e os roadsters desapareceron. En 1989, a marca xaponesa Mazda reinventou o roadster co seu MX-5.
Os fabricantes italianos como Alfa Romeo, Fiat e Ferrari designan este tipo de carrocería como Spider (ou Spyder). Os alemáns adoitan chamalos Speedster e un coche clásico alemán que usa esta terminoloxía lingüística viría ser o Porsche 356 Speedster. Os termos Spider e Speedster son moi comúns en certas rexións.
Cabe sinalar que existe unha versión da orixe do nome "spider" que se remonta a un tipo de pequena carruaxe de cabalos chamada Sulky do século XIX popular nos Estados Unidos, moi lixeira, dunha soa banqueta, dotada dunhas béstas grandes e moi flexibles que achegaban unha confortable comodidade aos viaxeiros. As enormes rodas que tiña conferíanlle un aspecto estraño. Unha dama bautizouno enseguida: parece un "spider" (araña en inglés).
O Targa Top, tamén coñecido como o Surrey Top, é un tipo de carrozaría semicabriolé de automóbil, trátase dunha carrozaría aberta que dispón dunha barra de protección en caso de accidentes (a miúdo moi ancha), unha fiestra traseira fixa ou desmontable e unha sección do teito entre o parabrisas e a barra de protección que pode desmontarse con facilidade.
O nome "targa" popularizouse coa introdución do Porsche 911 Targa de 1965, aínda que o primeiro coche de produción deste tipo foi lanzado realmente cinco anos antes e foi o Triumph TR4 en 1961, que o ofrecía como opción e comunmente coñecido como un "Surrey Top". Tamén foi utilizado nos Saab Catherina de 1964. O nome targa foi adoptado por Porsche na carreira de Targa Florio na cal competiron.
O Open Air é un tipo de carrozaría semicabriolé, conformada por un teito de lona ou vidro removible. Unha característica deste tipo de carrozarías é que só a parte superior do automóbil pode ser desmontada ou pregada ademais que os vidros laterais e traseiros nalgúns casos non poden desmontarse. É o caso do Citroën C3 Pluriel, Volkswagen Polo e o Renault Twingo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.