![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Quarter_Horse%2528REFON%2529-cleaned.jpg/640px-Quarter_Horse%2528REFON%2529-cleaned.jpg&w=640&q=50)
Cabalo American Quarter
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cabalo American Quarter é unha raza de cabalo orixinaria dos Estados Unidos. Comezou a formarse coa chegada dos europeos ó continente norteamericano, ó redor de 1611, polo cruzamento dos cabalos traídos polos ingleses e españois, e cabalos de indíxenas (mustang), tamén de ascendencia ibérica. Posteriormente, dezasete garañóns e eguas, orixinalmente purosangue ingleses, foron levados ós Estados Unidos. Entre os purosangues ingleses importados figura Janus un fillo de Godolphin Barb.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Quarter_Horse%28REFON%29-cleaned.jpg/640px-Quarter_Horse%28REFON%29-cleaned.jpg)
Co tempo xurdiu un equino compacto e bastante musculoso, quen de percorrer distancias curtas a gran velocidade. O primeiro Stud Book con rexistro xenealóxico da raza comezou en 1941, en Texas. O rexistro para cabalo American Quarter aínda acepta a inclusión de purosangues ingleses, ou sexa, acéptanse cruzamentos QM × QM ou PSI × QM.