filme de 2021 dirixido por Sian Heder From Wikipedia, the free encyclopedia
CODA é un filme franco-estadounidense de 2021 escrito e dirixido por Sian Heder. É unha adaptación en lingua inglesa do filme franco-belga de 2014 La Famille Bélier. Está protagonizado por Emilia Jones como Ruby Rossi, o único membro oínte da súa familia, unha adolescente que intenta axudar ao negocio pesqueiro da súa familia en dificultades mentres persegue as súas propias aspiracións de ser cantante. O filme conta con actores xordos para intepretar os papeis de xordos, os cales, xunto con Jones, se comunican empregando a lingua de sinais americana. Eugenio Derbez, Troy Kotsur, Ferdia Walsh-Peelo, Daniel Durant e Marlee Matlin compoñen o resto do elenco. Philippe Rousselet de La Famille Bélier retoma a súa función como produtor, e o filme rodouse en Gloucester, Massachusetts, nos Estados Unidos.
CODA | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | CODA |
Director | Sian Heder |
Produtor |
|
Guión | Sian Heder |
Baseado en | La Famille Bélier de Victoria Bedos, Thomas Bidegain, Stanislas Carré de Malberg e Éric Lartigau |
Intérpretes |
|
Música | Marius de Vries |
Fotografía | Paula Huidobro |
Montaxe | Geraud Brisson |
Estudio |
|
Distribuidora | Apple TV+ |
Estrea | Festival de Sundance: 28 de xaneiro de 2021 13 de agosto de 2021 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos Francia |
Xénero | Drama e comedia |
Orzamento | 10 millóns de dólares[1] |
Recadación | 2,2 millóns de dólares |
Na rede | |
https://tv.apple.com/us/movie/coda/umc.cmc.3eh9r5iz32ggdm4ccvw5igiir | |
|
CODA gañou numerosos premios, incluíndo os tres que conseguiu na 94ª edición dos Óscar nas categorías de mellor filme, mellor actor secundario para Kotsur e mellor guión adaptado, converténdose no primeiro filme en distribuírse nun servizo en liña e no primeiro filme estreado no Festival de Cinema de Sundance en gañar o premio ó mellor filme.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.