From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cúpula de Ferro (hebreo: כִּפַּת בַּרְזֶל, árabe: گنبد آهنی, inglés: Iron Dome) é un sistema de defensa antiaérea israelí[1] deseñado por Rafael Advanced Defense Systems e Israel Aircraft Industries.[2] Este sistema deseñouse para interceptar e destruír mísiles de curto alcance e proxectís de artillaría disparados dende distancias de 4 a 70 km e que estivesen dirixidos cara áreas poboadas.[3][4] O goberno de Israel propúxose incrementar este rango dende os 70 km ata un máximo de 250 km, engadindo a capacidade de interceptar proxectís lanzados dende varias direccións ao mesmo tempo.[5]
Cúpula de Ferro | |
---|---|
Orixe | Israel |
Usado por | Israel, Acerbaixán e Estados Unidos de América |
Guerras | Gaza–Israel conflict, Operación Marxe Protectora, Operação Pilar Defensivo, Operation Guardian of the Walls e Bombardeio da Faixa de Gaza por Israel em 2022 |
Deseñado | 2005 |
Fabricante | Rafael Advanced Defense Systems e Israel Aerospace Industries |
Construídos | 2 |
Peso | 90 quilogramos |
Lonxitude | 3 metros |
Diámetro | 160 milímetros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Declarouse operacional e comezou a funcionar o 27 de marzo de 2011 preto de Beersheba.[6] O 7 de abril de 2011 o sistema interceptou un proxectil lanzado dende a Franxa de Gaza por primeira vez.[7] O 10 de marzo de 2012 The Jerusalem Post informou que o sistema conseguira derribar o 90% dos proxectís lanzados dende Gaza con obxectivos en áreas poboadas,[4] e en novembro de 2012 os informes oficiais do goberno israelí reportaron que o sistema levaba interceptado máis de 400 proxectís.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.