Cábala (hebreo: קַבָּלָה, cabalá: "recibimento") é o conxunto de tradicións e practicas místicas do xudaísmo, que busca, por medio de métodos esotéricos, explicar os segredos da Creación e lograr coñecementos ocultos das escrituras sagradas. Un cabalista tradicional coñécese como Mekubal (hebreo: מְקוּבָל).[1][2]

Árbore da vida.

Sucede, porén, que outras prácticas inspiradas na cábala pretenden estender e adaptar o seu contido, segundo esas outras relixións ou doutrinas. Así, definicións da cábala varían de acordo coa tradición e obxectivos daqueles que lle seguen. De feito, trátase dun conxunto de ensinanzas esotéricos que teñen o obxectivo de explicar a relación entre un inmutable, eterno e misterioso Ein Sof (sen límites) e o universo mortal e finito (creación). Búscase definir a natureza do universo e do ser humano, a natureza e o propósito da existencia, e diversas outras cuestións ontolóxicas. Tamén presenta métodos para auxiliar a comprensión deses conceptos e, así, atinxir a realización espiritual.[3]

A verdadeira cabalá xurdiu dentro do pensamento xudaico, e as súas fontes clásicas son todas elas ensinanzas de personaxes históricos e, ás veces, míticos, dende Adán - o primeiro home - que explicaron algún concepto esotérico. Eses ensinos son mantidos polos xudeus adeptos para definir os significados máis profundos da Biblia hebrea e da literatura rabínica tradicional, segundo a súa dimensión transmitida anteriormente escondida, ben como explicar o significado dos preceptos relixiosos xudaicos.[4][5]

Os seus adeptos cren que as súas orixes son anteriores a tódalas relixións do mundo, formando o modelo primordial para filosofías de creación, as relixións, as ciencias, a arte, e sistemas políticos. Historicamente, a cábala xurdiu, despois de formas anteriores de misticismo xudaico, os séculos XII e XIII, no Sur de Francia e de España, sendo máis unha vez reinterpretadas durante o renacemento místico xudeu da Palestina otomá durante o século XVI. As súas prácticas foron popularizadas dentro da vertente do xudaísmo piadoso do século XVIII en diante.[1]

Conceptos capitais

Hai algúns conceptos que serven de apoio e posúen varias derivacións noutros conceptos, e así por diante. A cerna, con todo, pode ser identificada no anhelo de chegar a unha unión física e metafísica co divino, experimentándolle da conciencia e diminuíndo a distancia entre a persoa e o mundo físico na que vive e o Creador. O sistema cre que a realidade física e a súa fenomenoloxía pode ser descrita nun paradigma simbólico, que reflicte a revelación divina ó mundo. Búscase abesullar a realidade co fito de revelar a divindade que lle subxace e está en todo. É tamén un camiño até a perfección espiritual, pola restauración da alma á súa raíz divina. A cábala diferenza a pescuda sobre o Creador Inefable, que ningunha criatura pode atanguer ou percibir os Seus obxectivos, e a sobre a revelación, que é xeralmente chamada das "dez sefirot", sendo os dominios polos cales se coñecen os "actos" da creación.[6][7]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.