Bush (grupo musical)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bush é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1992 pouco despois de que o guitarrista e vocalista Gavin Rossdale e o guitarrista Nigel Pulsford se coñecesen. Ao pouco tempo recrutaron ao baixista Dave Parsons, posteriormente ao batería Robin Goodridge, e comezaron a compoñer. Dave Parsons uniuse a Bush pouco despois de deixar Transvision Vamp. Baterías como Sacha Gervasi, Amir e Spencer Cobrin ocupáronse das baquetas antes de que Robin Goodridge quedase como membro permanente completando a formación.
Bush | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1992 - 2002 |
Xénero(s) | rock alternativo, post-grunge, grunge |
Selo(s) discográfico(s) | E1 Music, Kirtland, SPV, Atlantic, Trauma, Interscope, Zuma Rock Records |
Membros | Gavin Rossdale Robin Goodridge Chris Traynor Corey Britz |
Antigos membros | Nigel Pulsford Dave Parsons Sacha Gervasi Amir Spencer Cobrin |
Artistas relacionados | Institute, Helmet, Spear of Destiny, The Partisans, Silverchair, The Calling |
Na rede | |
http://bushofficial.com/ | |
O grupo atopouse co éxito tras a edición do seu álbum de estrea Sixteen Stone en 1994, que foi certificado 6 veces platino pola RIAA. Bush sería unha das bandas de rock máis exitosas comercialmente dos 90, vendendo máis de 10 millóns de discos nos Estados Unidos. A pesar do seu éxito nos Estados Unidos, a banda foi menos coñecida no seu propio país e conseguiu só un éxito marxinal alí. Bush tivo numerosos sinxelos no top ten das listas da Billboard, e un número 1 con Razorblade Suitcase en 1996. O grupo separouse en 2002, pero reuniuse en 2010 e comezou a traballar nun novo álbum, The Sea of Memories, que foi editado en setembro de 2011.
O grupo elixiu o nome "Bush" porque vivían na área londiniense de Shepherd's Bush.
No Canadá chegou a ser coñecida como Bushx, xa que a banda dos 70 Bush, liderada por Domenic Troiano, posuía os dereitos do nome nese país. En abril de 1997, anunciouse que Troiano aceptara permitirlles usar o nome de Bush no Canadá sen o x, a cambio dunha doazón de 20.000 dólares tanto á Starlight Children's Foundation como á Canadian Music Therapy Trust Fund.