sistema informático que procura arquivos almacenados en servidores web From Wikipedia, the free encyclopedia
Un motor de busca ou buscador é un sistema informático que procura arquivos almacenados en servidores web, un exemplo son os buscadores de Internet (algúns buscan só na Web pero outros buscan ademais en News, Gopher, FTP etc.) cando lles pedimos información sobre algún tema. As procuras fanse con palabras clave ou con árbores xerárquicas por temas; o resultado da procura é unha listaxe de direccións Web nas que se mencionan temas relacionados coas palabras clave buscadas.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2024.) |
Pódense clasificar en dous:
Como operan en forma automática, os motores de busca conteñen xeralmente máis información que os directorios. Con todo, estes últimos tamén han de construírse a partir de procuras (non automatizadas) ou ben a partir de avisos dados polos creadores de páxinas (o cal pode ser moi limitativo).
A maioría de grandes buscadores internacionais que todos usamos e coñecemos son deste tipo. Requiren moitos recursos para o seu funcionamento.
Unha tecnoloxía barata, amplamente utilizada por gran cantidade de scripts no mercado. Non se requiren moitos recursos de informática pero si máis soporte humano e mantemento.
Alén de teren características de buscadores, presentan as webs rexistradas en catálogos sobre contidos, que á súa vez se dividen en subseccións.
Permite lanzar varias procuras en motores seleccionados respectando o formato orixinal dos buscadores.
FFA, páxina de ligazóns de balde para todos, nos que calquera pode inscribir a súa páxina durante un tempo limitado nestes pequenos directorios. As ligazóns non son permanentes.
Buscadores específicos de sitio, aqueles que buscan información só no seu portal ou sitio web.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.