![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Donkey_in_Clovelly%252C_North_Devon%252C_England.jpg/640px-Donkey_in_Clovelly%252C_North_Devon%252C_England.jpg&w=640&q=50)
Burro
mamífero doméstico da familia dos équidos, / From Wikipedia, the free encyclopedia
O burro ( pronunciación (axuda · info)) ou asno (Equus asinus) é un mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Burro | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||
Equus africanus asinus Linnaeus, 1758 |
Pechar
O macho denomínase garañón, nome que tamén pode recibi-lo cabalo semental.
Desde o punto de vista zoolóxico, é un animal mamífero, vivíparo, ungulado (dedos rematados en pezuños), perisodáctilo (un único dedo nun pezuño simple) e herbívoro.