From Wikipedia, the free encyclopedia
Bungarus fasciatus é unha especie de serpe da familia dos elápidos que vive no subcontinente indio e no sueste asiático.[2] É unha das serpes máis grandes do xénero Bungarus, cunha lonxitude máxima de 2,1 m.[3] Ten un veleno neurotóxico.
O nome científico do xénero deriva da palabra da lingua telugu bangarum, que significa 'ouro', en referencia aos aneis amarelos do seu corpo.[4]
É unha especie doada de identificar polas súas bandas alternantes negras e amarelas que cruzan o seu corpo como aneis, a súa sección transversal corporal triangular e a súa marcada crista vertebral consistente en escudos vertebrais agrandados ao longo do corpo. A cabeza é ancha e deprimida. Os ollos son negros. Ten marcas amarelas con forma de punta de frecha na súa cabeza que no resto é regra, e son de cor amarela a súa zona labial, os loros, queixo e gorxa.[4]
Mide como máximo 2,25 :m de longo, pero normalmente as lonxitudes que adoita ter son de 1,8 m.[3]
Ten unha placa anal completa e subcaudais únicas. A cola é pequena, de aproximadamente unha décima parte da lonxitude da serpe.[5]
Vive en toda a subrexión indochina e a India, a península de Malaca e o arquipélago de Indonesia e no sur da China.[3] É unha especie común na India nos estados de Mizoram, Assam e Tripura, así como no Nepal e Bangladesh, pero vaise facendo progresivamene menos común cara a parte occidental da India.[4]
Foi rexistrada cara ao leste desde India central ata Bangladesh, Myanmar, Camboxa, Tailandia, Laos, Vietnam e sur da China (incluíndo Hong Kong), as Filipinas ata Malaisia e as illas grandes de Indonesia de Borneo, Xava e Sumatra, e tamén en Singapur.
Na India, foi rexistrada en Andhra Pradesh,[6] Bihar, Chhattisgarh, Jharkhand, Madia Pradesh, Maharashtra,[7] India do Nordeste, Odisha, Tamil Nadu e Bengala Occidental.[3] Rexistrouse recentemente no distrito de Hassan en Karnataka e Chalkari, distrito de Bokaro, Jharkhand.[8]
A especie pode atoparse en diversos hábitats, que van desde os bosques a zonas agrícolas. Habita en termiteiros e buratos de roedores e na auga, e adoita vivir preto dos asentamentos humanos, especialmente en aldeas, debido a que atopa alí unha provisión de roedores e auga. Prefire as chairas abertas do campo. Atopouse en Myanmar ata alturas duns 1500 m.[3]
Son serpes tímidas, que normalmente non se deixan ver e son maiormente nocturnas. Cando son acosadas, agochan a cabeza baixo o corpo enroscado e xeralmente non tratan de trabar o seu acosador,[2] aínda que de noite son moito máis activas e son consideradas máis perigosas nese período.
Durante o día descansa na herba, buratos ou drenaxes. Son bastante pasivas e preguiceiras incluso se son provocadas. Vense principalmente durante a chuvia.[4]
Aliméntase principalmente doutras serpes, pero tamén come peixes, ras, escíncidos e ovos de serpes. Entre as serpes que come están as seguintes:[4] -
A presa é tragada empezando pola cabeza, unha vez que quedou inactiva polo veleno inxectado.[4]
Sábese pouco dos seus hábitos reprodutores. En Myanmar, unha femia foi desenterrada mentres incubaba unha posta de oito ovos, catro dos cales fixeron eclosión en maio. As crías miden de 298 a 311 mm ao faceren eclosión. Crese que chegan ao estado adulto aos tres anos, cunha lonxitude aproximada de 914 mm.[10]
O veleno desta especie contén principalmente neurotoxinas (neurotoxinas pre- e postsinápticas), como as bungarotoxinas. O veleno ten valores de LD50 de 2,4 mg/kg[11]—3.6 mg/kg[12][13] subcutáneo, 1,289 mg/kg intravenoso e 1,55 mg/kg intaperitoneal.[12][13] A cantidade de veleno inxectado como media é de 20 a 114 mg.[12] Engelmann e Obst (1981) listaron o rendemento do veleno en 114 mg (peso seco).[14] Os principais efectos clínicos causados polo veleno desta especie son: vómitos, dor abdominal, diarrea e mareos. Os envelenemaentos grves poden orixinar insuficiencia respiratoria e pode producirse a morte por asfixia.[15]
Un estudo toxicolóxico clínico atopou unhas taxas de mortalidade en casos non tratados do 1 ao 10%, o cal pode ser porque o contacto cos humanos é raro e cando se producen trabadas, a taxa de envelenamento en trabadas defensivas se cre que é moi baixa.[2] Actualmente, disponse dun antiveleno polivalente na India e Indonesia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.