From Wikipedia, the free encyclopedia
Bucephala é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos.
Bucephala Ollodourados | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bucephala clangula | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
As súas especies don patos mergulladores que viven no hemisferio Norte, que reciben en galego o nome vulgar de ollodourados.[1]
O xénero foi descrito en 1858 polo herpetólogo, ornitólogo e ictiólogo estadounidense Spencer Fullerton Baird.[2][3]
O nome do xénero deriva da palabra do grego antigo βοῦκεφαλος boṹkephalos, "cabeza de touro", de βοῦς boṹs, "touro", e κεφαλή kephalē, "cabeza", en referencia á forma da súa cabeza e o inchamento das plumas do ollodourado de touca (B. albeola) que fai que a súa cabeza pareza máis grande.[4]
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
As tres especies vivas son:
Imaxe | Nome científico | Nome común | Distribución |
---|---|---|---|
Bucephala clangula | ollodourado | Canadá e norte dos Estados Unidos, Esandinavia, estados bálticos e norte de Rusia | |
Bucephala islandica | ollodourado islandés | noroeste de Norteamérica | |
Bucephala albeola | ollodourado de touca | norte de Norteamérica e sur dos estados Unidos. | |
Estas tres especies foron rexistrdas en Galicia, B. clangula como invernante regular e as outras dúas como aves errrantes accidentais moi raras. (Ver Lista das aves de Galicia).
A taxonomía das especies deste xénero foi discutida e sometida a cambios. O ollodourado de touca (B. albeola) fora anterirmente tratado como o único membro do seu xénero (ás veces innecesariamente cambiado a Charitonetta), mentres que os outros ollodourados foran incorrectamente situados no xénero Clangula (como Clangula americana), que hoxe é o xénero de Clangula hyemalis, que daquela estaba situado no xénero Harelda.[5] Podería ser correcto aínda recoñecer dous xéneros, xa que B. albeola e os outros dous ollodourados son bastante diverxentes. Nese caso, Bucephala quedaría restrinxido só a B. albeola e o nome Glaucionetta (Stejneger, 1885) foi recuperado para os outros ollodourados.
Os taxons fósiles coñecidos son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.