Bu'eine Nujeidat
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bu'eine Nujeidat é un consello local árabe no distrito Norte de Israel que consiste de dous núcleos, Bu'eine e Nujeidat, que se fusionarion en 1987 e que se recoñeceu como consello local en 1996. Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Israel, a poboación era de 7 900 habitantes en 2006, a maioría de relixión musulmá, e contaba cun índice de crecemento de 2.3%.
بعينة-نجيدات (ar) בועיינה-נוג'ידאת (he) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 9.812 (2019) (1.390,2 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 7,058 km² | |||
Altitude | 170 m | |||
Creación | 1987 | |||
Páxina web | bueine-nujeidat.muni.il… |
Bu'eine é de poboamento antigo.[1] Da Idade de Ferro atopouse un xerro pequeno, e da época romana e bizantina consérvanse fragmentos de cerámica,[2] e do primeiro período islámico e da época mameluca tamén existen fragmentos de cerámica.[3]
En 1517 a localidade entrou a formar parte do Imperio Otomán coma o resto de Palestina, e en 1596 figura en rexistros tributarios como al-Bu'ayna, dentro da nahiya de Tabariyya da liwa de Safad. A poboación estaba integrada por 38 familias e 6 solteiros, todos musulmáns.[4][5]
Un mapa da invasión de Napoleón de 1799, obra de Pierre Jacotin amosa Bu'eine, co nome de Beni.[6]
En 1875 visitouna Victor Guérin e era unha aldea de 150 habitantes.[7] En 1881 no Survey of Western Palestine (SWP) descríbese El Baineh como "unha aldea edificada nunha ladeira, con 200 habitantes musulmáns."[8]
No censo palestino de 1922 Bu'aniyeh tiña unha poboación de 212, todos musulmáns, aumentando a 349 no censo de 1931, que inclía a 2 xudeus mentres o resto era de relixión islámica, ocupando un total de 67 casas.[9][10]
En 1945 a poboación de Bu'eina era de 540, todos árabes e musulmáns.[11]
O exército israelí capturou Bu'eine durante a segunda parte da Operación Dekel (15–18 de xullo de 1948).[12] Estivo baixo lei marcial ata 1966.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.