Brookita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A brookita é un mineral con fórmula química TiO2. Pertence ao grupo dos óxidos, cristaliza no sistema rómbico, ten unha dureza de 5,5-6 na Escala de Mohs, fractura subconoidea, exfoliación débil, brillo adamantino e raia branca, gris, ou amarelada. Trátase dunha das tres formas minerais do dióxido de titanio, xunto coa anastasa e o rútilo. A beleza dalgúns cristais deste mineral, especialmente os que pertencen á variedade arkansita, fixo del un obxecto moi valorado polos coleccionistas.
Datos rápidos Fórmula química, Clase ...
Brookita | |
---|---|
Fórmula química | TiO2 |
Clase | Óxidos |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | Parda, parda escura, parda avermellada escura, parda clara, laranxa |
Brillo | Adamantino |
Dureza | 5,5 - 6 (escala de Mohs) |
Fractura | Subconcoidea |
Exfoliación | Débil |
Raia | Branca, gris ou amarela |
Densidade | 4,12 g/cm3 |
Pechar