From Wikipedia, the free encyclopedia
A broncoscopia é unha técnica de visualización das vías aéreas baixas usando un broncoscopio flexible ou ríxido, a cal pode ser utilizada con fins diagnósticos ou terapéuticos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2019.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Esta técnica utilízase para o exame da vía aérea, entre outros fins, para o diagnóstico de procesos inflamatorios, infecciosos, tumorais, hemorráxicos e a localización de corpos estraños.
O alemán Gustav Killian realizou a primeira broncoscopia en 1897. Killian usou un broncoscopio ríxido para extraer un óso de porco, realizando o procedemento baixo anestesia local con cocaína. Na década de 1920, Nathan Faux perfeccionou o broncoscopio, usando un tubo ríxido para visualizar a traquea e os bronquios principais. O xaponés Shigeto Ikeda inventou o broncoscopio flexible en 1966. Inicialmente empregaba filamentos de fibra óptica requirindo unha fonte de luz externa, tiña un diámetro exterior de aproximadamente 5 a 6 mm, cunha capacidade de flexionarse 180 graos e estenderse 120 graos, permitíndolle entrar nos bronquios lobares e segmentarios. Máis recentemente reemprazáronse estes dispositivos orixinais por broncoscopios equipados cun dispositivo de vídeo localizado no seu extremo distal.
Existen dous tipos de broncoscopios: flexible (fibrobroncoscopia) e ríxido. A fibrobroncospia realízase xeralmente baixo anestesia local, co paciente desperto. A broncoscopia ríxida pode ser usada para a extracción de corpos estraños ou a colocación de stents; este procedemento realízase xeralmente baixo anestesia xeral.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Broncoscopia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.