![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d5/2016_British_Touring_Car_Championship%252C_Brands_Hatch_GP_%252830245965022%2529.jpg/640px-2016_British_Touring_Car_Championship%252C_Brands_Hatch_GP_%252830245965022%2529.jpg&w=640&q=50)
Campionato Británico de Turismos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Británico de Turismos (en inglés: British Touring Car Championship, e abreviadamente BTCC) é un campionato automobilístico de turismos que se disputa nas Illas Británicas dende o ano 1958. Despois da desaparición dalgunhas carreiras de monoprazas, o BTCC é a competición de coches máis importante de Gran Bretaña.
Tipo | serie de competición de automobilismo ![]() |
---|---|
Deporte | carreira de turismos ![]() |
Localización e Datas | |
País | Reino Unido ![]() |
Vixencia | 1958 – ![]() |
Número de edición | 56 ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c5/BTCC_Brands06_PaddockHill.jpg/640px-BTCC_Brands06_PaddockHill.jpg)
Durante a súa historia, o BTCC probou con diferentes tipos de homologación de coche como: BTC Touring, Super 2000 ou a actual, NGTC. Dende o ano 2004, ademais dos premios de piloto campión e marca campioa danse tamén os premios de equipo campión, de mellor piloto dun equipo privado e de equipo privado vencedor.
As marcas de automóbil que disputan o campionato británico na actualidade son: Audi, BMW, Chevrolet, Ford, Honda, Infiniti, Mercedes-Benz, MG, Proton, Toyota e Volkswagen. A marca de pneumáticos utilizada polo BTCC é Dunlop.