actor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Brays Fernández Vidal, nado nas Palmas de Gran Canaria o 30 de setembro de 1988, é un actor galego máis coñecido como Brays Efe, que acadou sona polo seu papel na serie web Paquita Salas.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1988 (35 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | actor , guionista |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Naceu nas Palmas de Gran Canaria, aínda que se criou nunha granxa en Vilariño (Nigrán).[1] Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e traballou como xornalista, axudante de casting e locutor de radio. Asemade, escribiu e dirixiu tres curtametraxes e dúas obras para microteatro.
Como actor, tivo o seu primeiro papel protagonista no filme Cómo sobrevivir a una despedida, dirixido por Manuela Burló Moreno, e onde compartiu cartel con Natalia de Molina, María Hervás, Úrsula Corberó e Celia de Molina.[2] Pouco despois acadou popularidade encarnando a Paquita Salas na serie web Paquita Salas, que lle valeu o premio Feroz ó mellor actor protagonista dunha serie en 2017.[3] Representou esa personaxe durante as tres tempadas da serie e tamén na gala dos Premios Goya 2018, onde realizou un monólogo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.