Bourg-en-Bresse
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bourg-en-Bresse (en francoprovenzal Bôrg), é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.
Epónimo | Bresse (região histórica) (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Departamento | Ain | ||||
Distritos | arrondissement of Bourg-en-Bresse (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.525 (2021) (1.740,36 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921277 Q24928458 | ||||
Superficie | 23,86 km² | ||||
Bañado por | Rio Reyssouze (pt) e Dévorah (en) | ||||
Altitude | 240 m-220 m-273 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | século XIII | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jean-François Debat (pt) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Bad Kreuznach (1963–) Parma (1990–) Namur (1996–) El Kef (pt) (2000–) Aylesbury (2000–) San Severo (pt) (2004–) Brzeg (pt) (2006–) Yinchuan (pt) (2018–) Meknès (pt) (2019–) | ||||
Páxina web | bourgenbresse.fr | ||||
A cidade de Bôrg é unha vila de tamaño grande, con 40.666 habitantes en 2005, nunha extensión de 23,86 km². Está situada a 70 km ao nordeste de Lión, a 30 ao leste de Mâcon e a 120 km ao oeste de Xenebra. A pesar de estar situada nunha chaira, Bôrg está moi próxima aos montes do Xura, e está atravesada polo río Reyssouze, que desemboca máis tarde no Saône.
Bôrg era a antiga capital da Bresse unha provincia francesa antes da Revolución. Aínda que se atoparon no seu subsolo restos romanos, non hai demasiados elementos para trazar unha historia coherente de Bôrg ao longo da época antiga.
En 1250 é nomeada vila franca e a partir de aí o seu destino está ligado á casa de Savoia, e a principios do século XV os duques savoianos a escollen como capital da Bresse. En 1535 é tomada polos franceses, pero reconquistada polo duque Filiberto Enmanuel, que a transformará en praza forte, o que lle valeu resistir o asedio de seis meses aos que a someteron as tropas de Henrique IV. Finalmente en 1601 a cidade pasa a pertencer a Francia, canda toda a Bresse.
Logo da Revolución Francesa a cidade pasouse a chamar, durante algún tempo Épi-d-Or (Espiga Dourada). En 1814 as tropas austríacas fixeron pillaxe pola cidade.
A súa posición como gallada de camiños favoreceu de sempre o intercambio comercial e a prosperidade económica de Bôrg, fundamentalmente ligada á produción artesanal e ao comercio de produtos agrogandeiros. Pero na segunda metade do século XX a cidade presenciou un forte cambio grazas á instalación nela dunha fábrica de camións Berliet (na actualidade Renault Trucks), que serviu de motor para o desenvolvemento posterior de industrias relacionadas co transporte industrial e a maquinaria agrícola. Ademais, tamén é un importante centro metalúrxico. A cámara de comercio de Ain ten a súa sede en Bôrg.
O centro histórico tiña unhas murallas savoianas demolidas no século XIX. Ademais, algúns edificios relixiosos son dignos de mención como a catedral, construída entre 1505 e 1695, e a igrexa e o mosteiro real de Brou, construídos entre 1505 e 1536 por iniciativa da viúva de Filiberto II de Savoia, a princesa Margarida de Austria. Estes dous últimos edificios, e gótico flamíxero, están profusamente decorados e acollen valiosos sepulcros no seu interior. Na cidade hai ademais un pequeno museo con colección de pintura antiga.
Bourg-en-Bresse está irmandada coas seguintes cidades:
Tamén posúe acordos de colaboración coas seguintes cidades:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bourg-en-Bresse |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.