Borriana
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Borriana (en valenciano: Borriana, en castelán: Burriana, as dúas denominacións cooficiais) é un municipio do País Valenciano, capital da comarca da Plana Baixa. O termo municipal de Borriana sitúase ao norte da comarca, e ten coma límites polo oeste as localidades de Les Alqueries e Vila-real, polo sur a localidade de Nules e polo norte a localidade de Almassora, que fan de límite municipal das respectivas localidades ao leito do río Millars, que non separa só os termos municipais, senón tamén as comarcas da Plana Alta e a Plana Baixa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Castelló | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Plana Baixa | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 35.750 (2023) (757,42 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47,2 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, Río Millars e Veo River, Spain (en) | ||||
Altitude | 13 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Brais de Sebaste | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jorge Monferrer (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12530 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 12032 | ||||
Código ARGOS de concellos | 12032 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | burriana.es | ||||
Sitúase esta localidade fronte á costa do mar Mediterráneo, na parte máis cha da comarca da Plana Baixa e rodeada de campos de laranxeiras.
Borriana ten 15 km de costa cha, lineal e continua. A praia principal de Borriana, l'Arenal, é moi ampla, de area fina e con mínima pendente. Na zona marítima, a poboación aglutinada e diseminada é importante, sobre todo durante a época estival na cal chega a triplicarse. Referente turístico para as poboacións limítrofes, como Vila-real, dispón dunha importante poboación desprazada durante o verán. A praia dista 1,5 km do centro da cidade.
Esta zona marítima conta cun porto que na actualidade utilízase para actividades pesqueiras. A construción deste foi motivada polo auxe da industria da laranxa que foi unha actividade importante no resto da plana e indubidabelmente nesta poboación.
Accédese a esta poboación, dende Castelló de la Plana, tomando a CV-18 ou a N-340.
No termo municipal de Borriana atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación, ademais do casco urbano de Borriana:
Con 33.255 habitantes (INE 2007), Borriana é a terceira localidade da provincia de Castelló por poboación. Nos últimos anos experimentou un forte crecemento demográfico en gran parte debido á inmigración.
A súa economía está baseada na agricultura, predominando o cultivo da laranxeira. A industria principal é a dedicada á manipulación e transformación de cítricos.
Aínda que en Borriana acháronse vestixios de diversas civilizacións antigas -os cales, entre outros, nutren os fondos do museo Arqueolóxico Municipal- a plenitude da vila sitúase en torno ao século IX como unha importante praza árabe que recibiu o nome de Medina Alhadra ou Cidade Verde, pola súa situación no medio da Plana. Aquela praza forte, de muralla circular, incorporouse á civilización occidental cristiá trala súa conquista polo rei Jaume I en 1233. En 1348 o rei Pere IV concede o privilexio de que a "senyera" de Borriana sexa acrecentada cunha franxa azul e tres coroas.
A expansión demográfica da poboación obrigou a derruír as murallas, que se conservaron completas até o século XVII. En 1901 a raíña rexente, en nome do rei Afonso XIII, concédelle o título de cidade, sendo esta coroada con devandito título por 3 veces, por iso na bandeira e no escudo hai 3 coroas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.