From Wikipedia, the free encyclopedia
Bonnie Kathleen Blair, nada en Cornwall (Nova York) o 18 de marzo de 1964 é unha ex-patinadora de velocidade estadounidense. Foi unha das principais patinadoras da súa época e unha das atletas con máis medallas na historia dos Xogos Olímpicos. Competiu polos Estados Unidos en catro xogos, gañando cinco medallas de ouro e unha de bronce.
Debutou nos Xogos Olímpicos en Saraxevo en 1984, rematando oitava nos 500 metros. Nese tempo adestraba tanto en distancia curta como longa. En 1986 gañou o campionato do mundo de distnaica curta. Volveu aos Xogos Olímpicos en 1988, gañando a medalla de ouro en 500 metros e o bronce en 1000 metros. En 1992 gañou outros dous ouros, igual que en 1994. Continuou a competir en 1995 no campionato do mundo de Milwaukee, retirándose en marzo dese ano.
Tras retirarse da patinaxe, converteuse en voceira motivacional.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.