Bones (serie de televisión)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bones é unha serie de televisión estadounidense que está inspirada na vida real da antropóloga forense e escritora Kathy Reichs.[1] Está producida por Barry Josephson (Hide and Seek, Like Mike) e Hart Hanson (Joan of Arcadia, A xuíz Amy),[2] e protagonizada por Emily Deschanel e David Boreanaz, que tamén son produtores da serie.[3] A sintonía é un tema de The Crystal Method composto especialmente para a serie.[4]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bones.