Os bolaanfífilos (tamén chamados surfactantes bolaformes, boláfilos, ou surfactantes de tipo alfa-omega) son moléculas anfifílicas que posúen grupos hidrófilos en ambos os extremos dunha cadea hidrocarbonada hidrófoba o suficientemente longa. Por tanto, teñen unha cabeza hidrófila, unha parte central hidrófoba e acaban noutra cabeza hidrófila. Comparados cos anfífilos cunha soa cabeza hidrófila, a introdución deste segundo grupo hidrófilo no outro extremo xeralmente produce unha maior solubilidade en auga, un incremento da concentración micelar crítica (cmc), e un decrecemento no número de agregación. As morfoloxías dos bolaamfífilos agregados poden ser esferas, cilindros, discos, e vesículas. Sábese que os bolaanfífilos poden formar tamén estruturas helicoidais, que poden orixinar autoensamblaxes microtubulares.[1] Nas membranas dalgunhas arqueas poden encontrarse moléculas de tipo bolaanfífilo.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.