![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/EC-MGT_717_Volotea_VGO.jpg/640px-EC-MGT_717_Volotea_VGO.jpg&w=640&q=50)
Boeing 717
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Boeing 717 é un avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita bimotor deseñado e comercializado por McDonnell Douglas como MD-95, un aparello de terceira xeración derivado do DC-9. Ten unha capacidade máxima de 117 pasaxeiros e un máximo alcance de 3 820 quilómetros. Está impulsado por dous motores turboventilador Rolls-Royce BR715 montados na parte traseira da fuselaxe.
Datos rápidos Tipo, Fabricante ...
Boeing 717 | |
---|---|
![]() 717 de Volotea en Vigo | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Boeing |
Deseñado por | McDonnell Douglas |
Primeiro voo | 2 de setembro de 1998 |
Introducido | 12 de outubro de 1999 (AirTran Airways) |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Delta Air Lines Hawaiian Airlines QantasLink AirTran Airways |
Produción | 1998 - 2006 |
Unidades construídas | 156 |
Pechar
O primeiro pedido tivo lugar en outubro de 1995 e McDonnell Douglas e Boeing fusionáronse en 1997, antes de que comezase a súa produción. O primeiro voo realizouse o 2 de setembro de 1998 e entrou en servizo en 1999 xa co nome de Boeing 717. A súa fabricación rematou en maio do 2006, despois de que se construísen 156 exemplares.