pintura de Francisco de Zurbarán From Wikipedia, the free encyclopedia
Bodegón con vasillas é un óleo sobre lenzo do pintor barroco español Francisco de Zurbarán. Mide 46 centímetros de alto por 84 cm de ancho. Está datada cara ao ano 1650 e atópase no Museo do Prado de Madrid (España).
Bodegón con vasillas | |
---|---|
Artista | Francisco de Zurbarán |
Data | 1650 |
Técnica | Pintura ó óleo sobre lenzo |
Dimensións | 46 cm × 84 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
Trátase dun sinxela pero exemplar composición con catro obxectos da vaixela tradicional e a luz como únicos protagonistas. Tres vasillas moi oleiras e outro tres pezas de metal —unha copa traballada e dúas bandexas.[1] O pintor, seducido pola "pura técnica pictórica, as texturas e o goce estético",[2] colocounos sobre unha repisa, ben aliñados e enmarcados por un fondo neutro. Considérase obra exemplar entre os poucos bodegóns conservados do pintor estremeño, apreciándose a conxunción maxistral do cru realismo e a tenrura polas pequenas cousas cotiás, que dan como resultado un misticismo rústico e de fermosa solidez. Outra versión do cadro, case idéntica e catalogada tamén como autógrafa, consérvase no MNAC de Barcelona.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.