Blood, Sweat & Tears
banda estadounidense de jazz rock / From Wikipedia, the free encyclopedia
Blood, Sweat & Tears (tamén coñecida como BS&T) é unha banda estadounidense de jazz rock fundada en Nova York en 1967 que destacou por unha combinación de metais con instrumentación rock. Ademais de tocar cancións orixinais, o grupo tamén ten interpretado temas populares de Laura Nyro, James Taylor, Carole King, The Band, The Rolling Stones, Billie Holiday e moitos outros. O grupo tamén adaptou música de Erik Satie, Thelonious Monk e Sergei Prokofiev nos seus arranxos.
Blood, Sweat & Tears | |
---|---|
A banda en 1972 | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1967 - 1981 1984 - presente |
Xénero(s) | jazz rock, pop rock, R&B, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, ABC, Rhino, Sony, Mobile Fidelity, Wounded Bird |
Membros | Brad Mason Ravi Best Keith Paluso Adam Klipple Dylan Elise Ken Gioffre Ric Fierabracci Nir Felder Ozzie Melendez |
Na rede | |
bloodsweatandtears.com | |
BS&T pasou por numerosas iteracións con persoal variado e abarcou unha ampla gama de estilos musicais. O seu son fusiona rock, pop e R&B/Soul con big band, engadindo tamén ideas da música clásica e o jazz.
O grupo inspirouse no "brass-rock" de The Buckinghams e o seu produtor, James William Guercio, así como na orquestra de Maynard Ferguson.[1] O éxito de BS&T foi paralelo ao de conxuntos configurados de xeito semellante, como Chicago e Electric Flag, pero a mediados da década dos 70, a popularidade do grupo xa disminuíra.[2]