Blogomillo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O blogomillo ou blogmillo é o microuniverso dos blogs existentes en galego. É similar ao termo "blogosfera" para referirse ao universo das bitácoras publicadas na rede. Na web Blogaliza pódese ver unha listaxe de bitácoras en galego, así como as súas actualizacións e arquivos XML para subscricións. Non é este o único catálogo de blogs, pois tamén podemos nomear outros coma a Blogoteca ou o xa desaparecido Blogalego. Os dous primeiros contan coa dispoñibilidade de aloxamento de blogs.