From Wikipedia, the free encyclopedia
O bisonte das estepas (Bison priscus),[1] foi unha especie de bisonte, hoxe extinta, que habitou en gran parte de Europa,[2] Asia Central,[3] Rusia, Manchuria e Norteamérica [4] durante o Plistoceno. É probábel que evolucionara orixinalmente en Asia, ao igual que moitos bóvidos actuais e outros elementos da fauna da última glaciación cos que compartiu hábitat.
Bisonte das estepas Rango fósil: Irvingtoniano - Holoceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
"Blue Babe", un exemplar momificado de Alasca | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Extinto | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
†Bison priscus' Bojanus, 1827 |
Os bisontes das estepas eran animais similares aos actuais bisontes europeos, pero moito máis grandes e robustos, de cornos moito máis longos, e adaptados á vida en espazos abertos como as estepas e os límites da tundra.
As súas relacions coas especies de bisontes actuais non están totalmente claras, aínda que tende a asumirse que a especie deu orixe ao actual bisonte europeo a comezos do Holoceno a partir de formas menores como Bison priscus mediator, que se adaptaron ao novo medio máis cálido e boscoso que empezaba a substituír a tundra-estepa glacial en Europa. As subespecies xigantes de Asia e Norteamérica, como Bison priscus gigas, desapareceron sen descendencia ou deron lugar ao actual bisonte americano (Bison bison).[5]
En 1979 desenterrouse en Alasca o corpo conxelado dun macho de bisonte das estepas ao que se alcumou Blue Babe debido á cor azulada que tomara a súa carne durante o proceso (e porque, no folclore estadounidense, Blue Babe é un xigantesco touro azul, mascota do leñador Paul Bunyan). O animal presentaba evidencias de que fora cazado por un pequeno grupo de leóns americanios (Panthera leo atrox) [6] que o deberon abandonar poucas horas despois debido a que o cadáver comezara a conxelarse rapidamente (probabelmente, debido á caída da noite). Posteriormente chegou outro león que rompeu un dente ao intentar morder o corpo conxelado. Os científicos da Universidade de Alasca que encontraron a Blue Babe tiveron a ocasión de probar a súa carne e acharon que se preservara de forma aceptábel, con só un lixeiro sabor a terra.[7]
Existen evidencias de que, ademais do león, o home primitivo era un cazador habitual desta especie.
Os bisontes das estepas aparecen frecuentemente representados en pinturas rupestres de Francia e España, como nas das covas de Lascaux, Villairs, Font de Gaume e, especialmente, na de Altamira.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.