![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b8/Strauss_m_Tanzania.jpg/640px-Strauss_m_Tanzania.jpg&w=640&q=50)
Bipedismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O bipedismo é a denominación para a forma de locomoción adoptada parcial ou totalmente por animais tetrápodos sobre as súas dúas extremidades inferiores. Moitas especies, dende aves, mamíferos e réptiles ao longo da historia natural evolucionaron para adoptar esta postura no desprazamento, tanto dinosauros coma a maioría dos terópodos, aves e homínidos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b8/Strauss_m_Tanzania.jpg/320px-Strauss_m_Tanzania.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Asimo.jpg/640px-Asimo.jpg)
O bipedismo pode ser obrigatorio, en tal caso o animal desprázase sempre nesta forma. Exemplo de animais que adoptan esta postura poden acharse dende dinosauros terópodos avianos e non avianos até os seres humanos. Doutra banda, o bipedismo será facultativo cando o animal que adopta tanto a postura cuadrúpede coma a bípede (sendo, na maioría dos casos, unha predominante sobre a outra; exemplos deste último caso áchanse entre dinosauros ornitópodos coma o iguanodonte, até primates non humanos coma os chimpancés e gorilas.
Camiñar ergueito supón abrirse a unha cantidade de experiencias na vida dos homininos, debido que as extremidades superiores destes animais atópanse ceibes para a realización de diversas tarefas que son máis dificultosas para os animais cuadrúpedes.