From Wikipedia, the free encyclopedia
Bieito XII, nado en Saverdun cara ao 1280 e finado en Avignon o 25 de abril de 1342, foi o Papa nº 197 da Igrexa católica.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
(1341, Grutas vaticanas) | |
Nome orixinal | (la) Benedictus PP. XII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Jacques Fournier 1280 Saverdun, Francia |
Morte | 25 de abril de 1342 (61/62 anos) Aviñón, Francia |
Causa da morte | Gangrena |
Lugar de sepultura | Avignon Cathedral (en) |
197º Papa | |
28 de decembro de 1334 – 25 de abril de 1342 ← Xoán XXII – Clemente VI → | |
Bispo diocesano | |
2 de marzo de 1326 – ← Raymond Atton d’Auterive (en) – Pierre de Lapeirarede (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Mirepoix (en) | |
Bispo diocesano | |
19 de marzo de 1317 – ← Pilfort de Rabastens (pt) – Dominique Grenier (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Pamiers (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Lugar de traballo | Aviñón Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1317 (Gregoriano)–), inquisidor, teólogo, sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde do Císter |
Consagración | Niccolò Albertini |
Participou en | |
13 de decembro de 1334 | Conclave de 1334 (pt) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
De nome Jacques Fournier, era fillo da modesta familia dun panadeiro. Ingresou como monxe cisterciense no mosteiro de Boulbonne, desde onde se trasladou á abadía de Fontfride, onde seu tío era o abade. Este enviouno a estudar teoloxía a París.
Tras finalizar en 1310 os seus estudos, sucedeu ó seu tío como abade en Fontfride. En 1317 foi nomeado bispo de Pamiers, cargo no que destacou como perseguidor dos herexes cátaros.
En 1326 pasou a ser bispo de Mirepoix, é ó ano seguinte foi nomeado cardeal, recibindo o alcume de "cardeal branco", ó conservar o hábito da orde cisterciense.
Foi elixido Papa o 4 de decembro de 1334. Dise que ó coñecer o resultado gritou ós cardeais "Elixiron un asno". Foi consagrado o 8 de xaneiro de 1335.
Nun principio quixo volver a fixar a sé pontificia en Roma, pero ante a conflitiva situación da Península Itálica, mantivo a sé en Avignon, onde comezou a construción do pazo dos Papas.
Promulgou en 1336 a bula Benedictus Deus, na que fixou oficialmente a doutrina católica sobre a visión beatífica, segundo a cal os falecidos en graza de Deus gozan da súa visión ata o xuízo Final.
Durante o seu pontificado combateu a simonía e o nepotismo, e tratou de reverter o Cisma de Oriente e Occidente.
As profecías de San Malaquías refírense a el como Abbas frigidus (O abade frío), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi sacerdote do Mosteiro de Fontfride (Fonte Fría).
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.