A British Library é a biblioteca nacional do Reino Unido e unha das maiores do mundo. Foi creada en 1753 e no século XXI conta con aproximadamente 150 millóns de publicacións. A biblioteca contén libros, mapas, periódicos, partituras, patentes, manuscritos e selos, entre outros obxectos. Están en 625 km de andeis que crecen unha media de 12 quilómetros cada ano. O espazo de lectura ten capacidade para 1 200 lectores.
Cada ano, xenérase seis millóns de buscas no seu catálogo en liña e máis de 100 millóns de obxectos son ofrecidos a lectores de todo o mundo.
Entre as coleccións especiais da Biblioteca Británica atópase un caderno de notas de Leonardo da Vinci, material orixinal da data 300 AEC, unha Carta Magna, unha gravación do discurso experimental de Nelson Mandela, preto de 50 millóns de patentes, 310 000 volumes de manuscritos, de Jane Austen a James Joyce, de Händel a The Beatles, máis de 260 000 títulos de periódicos e máis de catro millóns de mapas.
Tivo un desenvolvemento importante a mediados do século XIX baixo a dirección de Panizzi, que tentou transformala nunha institución de estudo e investigación así como facilitar o acceso aos fondos por parte dos usuarios. En 1971 o goberno británico recoñeceuno como organismo independente.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- British Library Arquivado 26 de marzo de 2012 en Wayback Machine., páxina web oficial. (en inglés)
- British Library, imaxes en liña. (en inglés)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.