From Wikipedia, the free encyclopedia
Beta Persei (β Persei / β Per) ou máis coñecida coma Algol é unha estrela variable da constelación de Perseus. A estrela ten a infrecuente propiedade de ter regulares variacións na súa luminosidade: a súa magnitude cambia regularmente entre 2.3 e 3.5 cada 2 días, 20 horas e 49 minutos. Algol é o que se coñece coma binaria eclipsante: son realmente dúas estrelas moi próximas que xiran unha sobre a outra.
O primeiro en rexistrar por escrito a variabilidade de Algol foi Geminiano Montanari en 1670, pero probablemente sabíase dende moito antes como testemuña a orixe do nome da estrela, que vén do árabe al-ghûl, o demo, e astroloxicamente estaba considerada a estrela máis desafortunada do ceo.
O Paradoxo de Algol constituía un problema para a evolución estelar, segundo esta teoría as estrelas máis grandes evolúen máis rapidamente. Pero a estrela máis pequena de Algol é unha estrela subxigante, máis evolucionada que a súa compañeira que está na secuencia principal. O paradoxo resolveuse co descubrimento da transferencia de masa, un mecanismo polo que dúas estrelas veciñas poden intercambiarse materia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.