![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/05/Benassi%2540ElSalvador.jpg/640px-Benassi%2540ElSalvador.jpg&w=640&q=50)
Benny Benassi
DJ italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Marco Benassi, máis coñecido como Benny Benassi, naceu en Milán o 13 de xullo de 1967. A música deste DJ italiano podería dicirse que é unha mestura de euro house e electroclash.
Benny Benassi | |
---|---|
![]() Benny Benassi en sesión. | |
Orixe | Milán, Italia ![]() |
Período | 1980s –Hoxe en día |
Xénero(s) | House, Dance, Electro, Techno |
Selo(s) discográfico(s) | Energy Prod. - D:Vision Airplay Records Ministry of Sound Ultra Records |
Membros | Marco Benassi |
Na rede | |
www.bennybenassi.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Benassi actualmente vive na cidade de Reggio Emilia, que está localizada a 100 km ó sur de Milán. Benny traballa co seu curmán, Alle Benassi. Ambos producen cancións baixo o nome Benassi Bros. desde a década de 1980. Os Benassi Bros. comezaron a súa carreira na súa vila natal e logo trasladáronse ó estudio de produción de Larry Pignagnoli chamado Off Limits. Os Benassi Bros. tivieron a oportunidade de colaborar con artistas coma Whigfield, J.K. e Ally & Jo.
No 2001 Benassi produciu a canción "I Feel so Fine" usando o pseudónimo KMC e incluíu a vocalista Dhany. Grazas a este sinxelo, Benassi chegou ós primeiros postos nas listas musicais mundiais. Logo deste éxito os Benassi Bros. comezaron a traballar no seu próximo proxecto: Benny Benassi presents The Biz. O dito proxecto produciu unha mestura de varios xéneros electrónicos incluíndo electro, techno e house. O primeiro sinxelo que se lanzou baixo este nome foi "Satisfaction" (single que se engadiu o álbum de Benassi titulado Hypnotica), o cal foi un éxito mundial durante o 2003 e parte do 2004. As cancións producidas por Benassi foron moi populares no Reino Unido e escoitáronse en moitas discotecas arredor do mundo. Benassi tamén fai remixes das cancións doutros artistas contemporáneos tales como DJ Tomcraft, Fischerspooner, Sonique e ata Outkast.
Recentemente Benassi creou unha discográfica chamada Pump-kin Music coa meta de conseguir novos produtores que aínda non estean contratados por outras discográficas. Benassi espera poder darlle fama a DJs e produtores que aínda non a teñan.