farmacéutica e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Benedicta Pérez Pérez, nada en 1937 e finada en Pedrouzos (Brión) o 11 de xaneiro de 2024, foi unha farmacéutica e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 |
Morte | 11 de xaneiro de 2024 (86/87 anos) Pedrouzos, España |
Alcaldesa de Brión | |
1971 – 1979 – Xosé Luís García García → | |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica , alcaldesa |
Lingua | Lingua galega |
O pai feríronllo na batalla do Ebro, na guerra civil, e morreu pouco despois de volta na casa familiar en Brión. Benedicta Pérez, como orfa de militar, foi estudar interna a Málaga. Logo fixo, por erro,[1] a carreira de farmacia e acabou sendo farmacéutica.
Foi designada alcaldesa de Brión en 1971, probablemente[2] a segunda muller en ocupar o posto de alcaldesa en Galicia. Ocupou o cargo ata as primeiras eleccións municipais de 1979, cando non se presentou ás eleccións.[1]
Predecesor: ? |
Alcaldesa de Brión 1971 - 1979 |
Sucesor: Xosé Luís García |
Casou e tivo dous fillos; logo enviuvou.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.